Cocer os macarróns en abundante auga con sal, o tempo que indique o fabricante. Refrescar, escorrer e reservar. Mentres, cortar a cebola en xuliana (en tiras finas), e os pementos de piquillo e os dentes de allo en láminas finas. Nunha tixola con aceite de oliva refogar a cebola e cando comece a coller cor, agregar os dentes de allo e os pementos do piquillo. Deixar cocinar a lume suave 10 minutos, poñer a punto de sal, engadir a salsa de tomate. Agregar os macarróns e servir acompañando con trociños do atún escorridos de conserva.
Notes
Vantaxes: As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.