É un prato típico da zona do Mediterráneo, moi común en España e tamén en Grecia. A lura posúe poucas calorías (82 cal por cada 100 g) pero unha vez que se elabora á romana supón que o seu contido en calorías aumente considerablemente debido ao rebozado en fariña ou pan relado polo que non é adecuado para persoas cun alto nivel de colesterol. Contén proteínas como a albumina, principal proteína do sangue, vitaminas do complexo B e minerais como o fósforo, que intervén na formación e no mantemento dos ósos e no desenvolvemento dos dentes.