As luras presentan un contido proteico similar á carne de tenreira e un elevado valor biolóxico debido a súa doada dixestión. O seu baixo contido en graxas converte a lura nun alimento moi recomendable para ser incluído en dietas saudables e equilibradas. A tinta dos cefalópodos, ademais de servir como condimento en diferentes receitas, contén unha serie de aminoácidos e polisacáridos que en recentes investigacións se descubriu que son moi eficaces na prevención e na curación dalgunhas enfermidades como o tratamento da depresión e, ademais, é inhibidora da expansión bacteriana.