O paspallás presenta un baixo contido en graxas, calorías e colesterol. Son apreciadas pola súa carne fina e tenra. Ten un gran contido proteico recomendado para épocas de crecemento. En canto ás vitaminas, destaca o contido en vitamina B3 que axuda a reducir o nivel de colesterol e, ademais, é recomendable para combater enfermidades como a diabete ou a artrite. Tamén é abundante a vitamina B6 que fai que sexa moi recomendable en casos de diabete, depresión e asma.