Este prato é típico da cociña galega. O ovo é unha boa fonte de proteínas comprendida tanto na clara coma na xema e posúe un elevado valor biolóxico. Na clara do ovo, a principal proteína é a albumina chamada ovoalbúmina, que ten calidades antioxidantes, antimicrobianas e desintoxicantes que limpan o organismo de metais pesados. A xema é boa para a vista por dous antioxidantes que contén, e tamén para o cerebro imprescindible para o desenvolvemento do cerebro fetal xa que contén colina. O ovo tamén posúe ferro cuxo contido é dos máis asimilables. As xemas de ovo son un dos poucos alimentos que conteñen vitamina D en forma natural.