As lentellas son ricas en fibra que diminúe os niveis de colesterol e graxas e axudan a regular o tránsito intestinal. Tamén conteñen ferro e proteínas de orixe vexetal. Dentro do grupo dos legumes son das máis dixestivas. As cenorias son ricas en vitamina C e ferro. Axudan a diminuír o colesterol e previr a arteriosclerose, ademais o seu contido en betacaroteno axuda a previr certos tipos de cancro. Por outra parte, o chourizo é rico en sodio polo que está desaconsellado para persoas que sofren hipertensión. Ademais, o seu contido en calorías é alto polo que o seu consumo debería ser moderado.