O lombo de porco polo seu baixo contido graxo considérase unha carne magra polo que é adecuado para incluír en dietas de adelgazamento que requiran cantidades de proteínas. É rico en vitamina B1. É recomendable en períodos de embarazo ou de convalecencia, xa que hai maior desgaste desta vitamina. Cabe destacar o seu contido en antioxidantes e ácidos graxos omega 3 polo que axuda a previr enfermidades cardiovasculares. As patacas proporcionan enerxía ao prato grazas aos seus hidratos de carbono e debido ao nivel de potasio que teñen. Son beneficiosas en casos de hipertensión arterial. Tamén destaca o seu contido en fósforo que intervén na formación e no mantemento dos ósos e no desenvolvemento dos dentes e en magnesio que favorece a relaxación, por iso se recomenda en tratamentos de estrés e depresión.