A tempada de caza de xabaril vai de mediados de outono a finais de inverno, época na que se consome esta carne magra. O seu contido proteico é elevado. O seu contido en calorías e colesterol é menor que o da carne de vacún e porco. A súa graxa é de boa calidade e, ademais, destaca o seu elevado contido en ácido oleico, aínda que tamén posúe cantidades apreciables dos ácidos graxos poliinsaturados linoleico e linolénico aos que se lles atribúen propiedades cardiosaudables. Contén vitaminas do grupo B, B12 e B9, que posúen propiedades antianémicas, reguladoras do metabolismo e con acción protectora cardiovascular, e tamén retinol e vitamina A. Destaca o seu elevado contido en calcio, ferro doadamente asimilable, magnesio, cinc e selenio. Este último é antioxidante.