O escabeche naceu como método de conservación dos alimentos. Trátase dunha herdanza árabe. O mexillón ten un baixo contido en graxas e, debido ao seu contido en ferro, é idóneo para previr a anemia. Contén ácidos graxos omega 3 para previr enfermidades cardiovasculares. Hai que destacar o seu alto contido en selenio, grande antioxidante que prevén a dexeneración celular, protexe contra enfermidades cutáneas e protexe o sistema cardiovascular.