A pescada que atopamos nos mercados é a pescada europea común e a súa carne considérase exquisita. É unha carne moi sensible e delicada. Presenta un alto contido en auga, proteínas e ácido fólico, baixa en graxa e é unha boa fonte de minerais como calcio, fósforo, magnesio, sodio, iodo ou potasio, ademais dalgunhas cantidades de vitamina A, B1, B2 e B6. Forma parte do grupo de peixes magros ou brancos, cunha porcentaxe de graxa inferior ao 2%.