Este é unha sobremesa típica galega que se consome especificamente como o seu nome indica na época do Carnaval. O Carnaval ten a súa orixe en tempos ancestrais. Esta celebración estaba moi ligada á alimentación posto que se celebraba xusto antes de empezar a Coresma, período en que predomina o xaxún. O Carnaval era un xeito de consumir toda a carne de porco que se puidese antes de comezar a Coresma. A zona onde se celebran os carnavais con maior intensidade é a provincia de Ourense. Esta é unha sobremesa moi típica do seu carnaval. A orella de carnaval é unha masa frita, moi sinxela de preparar, que recibe o seu nome polo parecido con esa parte da anatomía.