O protagonista principal deste prato é o arroz, boa fonte de carbohidratos e base ideal que combina perfectamente con outros alimentos. É moi doado de dixerir, xa que a diferenza doutros cereais carece dunha proteína chamada glute que ocasiona serios trastornos dixestivos nalgunhas persoas (enfermidade celíaca). Os mariscos que acompañan ao arroz proporcionan poucas graxas e estas presentan ácidos graxos omega 3 moi beneficiosos para a saúde cardiovascular. Tamén conteñen ferro, calcio e fósforo.