As castañas foron parte da alimentación humana e dos animais domésticos desde tempos inmemoriais. Hoxe en día utilízanse para elaborar multitude de sobremesas. A castaña é o froito seco que menos contido graxo posúe. O seu constituínte principal son os hidratos de carbono, polo que son moi enerxéticas cando están secas, mentres que en fresco polo seu gran contido de auga, o seu valor calorífico é baixo. Destaca a presenza de potasio que favorece as persoas que sofren retención de líquidos e en ferro que axuda a previr a anemia. O seu alto contido en ácido fólico e antioxidantes convérteas nun alimento cardiosaudable.