A pataca ten a súa orixe en América. En Europa non se empezou a consumir ata o século XVII. A pataca é rica en hidratos de carbono, en forma de amidón, polo que non é moi recomendable para persoas que seguen dietas de adelgazamento e tampouco para as persoas diabéticas. Son moi ricas en potasio polo que son adecuadas para persoas hipertensas. Tamén destaca a súa cantidade de fósforo que intervén na absorción da glicosa e no almacenamento de enerxía entre outras funcións. Pola súa parte, o chourizo posúe unha gran cantidade de calorías e destaca o seu gran contido en sodio polo que non está recomendado o seu consumo para persoas con hipertensión. Contribúe a combater a anemia polo seu contido en ferro.