A carne de pato caracterízase polo seu elevado contido en graxas polo que a súa cantidade de calorías tamén é elevada. Debido a estas características non é moi axeitado para persoas obesas ou que seguen unha dieta de adelgazamento. Posúe gran cantidade de proteínas, ferro e fósforo. A carne de pato combina moi ben cos froitos secos, neste caso as abelás que teñen unha gran cantidade de graxas, ademais son unha boa fonte de magnesio, cobre e vitamina E. Os arandos son ricos en fibra e vitamina C. Tanto as abelás como os arandos son bos antioxidantes.