Este prato preparábase cando os percebes non tiñan o valor económico nin gastronómico que teñen hoxe en día. Os percebes destinábanse ao consumo familiar das propias persoas mariscadoras que os collían. Consumíanos nunha fonte, de forma comunal. Cocíanse xunto coas patacas que eran a súa principal gornición.