A carne de pombiño está constituída maioritariamente por auga, proteínas e graxa. Se se trata dun exemplar novo ten unha maior cantidade de auga e menos graxa e proteínas. Apenas contén hidratos de carbono. Por outra banda, é rica en vitaminas do grupo B. Ademais, as castañas considéranse un bo acompañamento da carne de caza, como é neste caso o pombiño. As castañas conteñen moi poucas calorías e polo seu gran contido en hidratos de carbono son moi enerxéticas.