O pemento é orixinario de América e as súas sementes introduciunas en España Cristóbal Colón, tras o descubrimento do continente americano. Os pementos son un alimento cun elevado contido en auga, apenas teñen graxas e tamén proporcionan poucas proteínas pero son unha fonte importante de vitaminas e minerais, unha das máis xenerosas en vitamina C (en maior proporción nos pementos vermellos), ademais de conter carbohidratos e fibra. Nesta receita acompáñanse de patacas cocidas (cachelos) que nos dan enerxía debido ao seu contido en hidratos de carbono.