O pemento presenta un baixo contido calorífico e apenas contén graxas. É unha boa Fonte de fibra, o que mellora o tránsito intestinal. Contén vitamina C, sobre todo o pemento vermello que ten efecto antioxidante e intervén na formación de coláxeno, glóbulos vermellos, ósos e dentes. Entre os minerais que contén, destaca o potasio necesario para transmisión do impulso nervioso e a actividade muscular. O arroz proporciona enerxía polo seu contido en hidratos de carbono. Polo seu contido en fibra é eficaz contra o estrinximento e reduce o nivel de colesterol. Actúa beneficiosamente sobre a presión arterial, debido ao potasio que ten e ao seu baixo contido en sodio polo que benefician a persoas hipertensas.