O pemento vermello presenta un baixo nivel de calorías pero contén unha gran cantidade de fibra e vitaminas C que ten función antioxidante e A que prevén enfermidades oculares. A carne que enche os pementos danlle ao prato proteínas, cun contido graxo e de calorías baixo, así como vitaminas do grupo B, destacando a B1, indispensable no funcionamento do sistema nervioso. Ademais contribúe no crecemento e no mantemento da pel. A carne tamén é unha boa fonte de ferro que axuda a previr a anemia.