Os garavanzos teñen un alto contido en fibra e reducen o nivel de colesterol polo que son moi útiles para combater as enfermidades cardiovasculares. Presentan un bo contido en hidratos de carbono de lenta asimilación, o que é moi beneficioso para persoas que padecen diabete. O seu contido en magnesio fai que sexan un bo aliado para combater o estrés. Por outro lado, as espinacas teñen unha cantidade moi baixa de calorías, hidratos de carbono e graxa. As espinacas son ricas en fibra e tamén proporcionan unha gran cantidade de ácido fólico e de vitamina C. As patacas proporcionan unha boa cantidade de hidratos de carbono e vitamina C.