O cultivo do porro remóntase ao antigo Exipto. O porro ten un gran contido en auga e o seu contido en calorías é moi baixo polo que é idóneo para dietas de adelgazamento. Proporcionan gran cantidade de fibra. Teñen tamén propiedades hipotensoras, axeitado para persoas que sofren hipertensión arterial. Son bos para o tratamento de catarros e problemas bronquiais. Destaca a súa cantidade de vitamina C que cobre a metade da cantidade diaria recomendada. Grazas á súa cantidade de potasio evita a retención de líquidos.