Esta sinxela forma de preparar o polbo fíxose moi habitual nos últimos anos en numerosos restaurantes. En Portugal esta receita coñécese como "polbo a mestre lagareiro", ou sexa, polbo ao estilo do bodegueiro xa que era un prato típico en época de vendima cando as cuadrillas se recollían e a cea tiña que ser potente con proteínas para poder traballar ao día seguinte.