Como o seu propio nome indica, este xeito de preparar o polbo é típico das illas de Ons e de Arousa. Este prato consumíase con frecuencia polas persoas mariñeiras e a diferenza co famoso "polbo á feira" é que as patacas se cocen xunto co polbo. O polbo contén iodo que axuda a regular o funcionamento da hormona tiroidea e calcio, que axuda os ósos a ter rixidez e fortaleza e a regular o nivel de colesterol en sangue. O seu contido en colesterol é baixo. As patacas pola súa parte proporcionan enerxía polo seu contido en hidratos de carbono e vitamina C que a posúen en cantidade comparable coa que conteñen moitas froitas e hortalizas.