Da provincia de Lugo proveñen os dous ingredientes principais para elaborar esta receita. Da costa o peixe sapo e da montaña o queixo do Cebreiro que conta con denominación de orixe protexida. O peixe sapo é un peixe moi apreciado en gastronomía e considérase un peixe branco que contén proteínas de alto valor biolóxico, ademais de ter diferentes vitaminas de grupo B e minerais como potasio, fósforo, magnesio e ferro. A súa carne non presenta espiñas e, polo seu baixo contido en graxas, é de doada dixestión. O queixo do Cebreiro contribúe a aumentar a graxa deste prato. Tamén destaca o seu elevado contido en proteínas. Contén unha elevada cantidade de calcio que prové rixidez e fortaleza aos ósos e contribúe a reducir o colesterol. O queixo tamén posúe vitamina A que é fundamental para a visión e como antioxidante.