Vantaxes:
A remolacha é unha hortaliza con pouco valor calórico, está composta por auga e hidratos de carbono. Contén antocianos, que posúen un elevado poder antioxidante. Presenta unha favorable acción diurética debido ó seu contido en potasio. Outros minerais que contén son iodo, sodio e, en menor medida fósforo, magnesio e calcio. Ademais destaca a presenza de vitaminas do grupo B e en menor cantidade, provitamina A e vitamina C.