Vantaxes:
O bacallau é un peixe branco, polo que posúe un baixo contido graxo. É rico en proteínas de alto valor biolóxico e posúe gran variedade de vitaminas e minerais.
Recoméndase o consumo de porro polo seu alto contido en sales minerais (potasio, fósforo e calcio). Ademais é aconsellable cando se padece de reuma e anemia, e é un gran axente depurativo para o sangue.