Vantaxes:
O congro é un peixe semigraxo. O seu contido proteico non é moi elevado, pero as súas proteínas son dun alto valor biolóxico. Contén diferentes vitaminas e minerais. A vitamina que destaca na súa composición nutricional é a vitamina A, de feito, é o peixe máis rico neste nutriente a excepción das angulas e as anguías. Este prato tamén presenta pataca, cuxa principal compoñente despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. Tamén é aconsellable o seu consumo pola a súa acción diurética e depuradora.