Print

Congro á galega

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g congro
  • 1 (100g) pataca
  • 20 g chícharos
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • pementón doce
  • loureiro

Instructions

  • Limpar e cortar o congro. Cocer en auga con loureiro as patacas cortadas en rebandas grosas. Ós 8 min. engadir o congro e cocer de 5 a 8 min. máis. Á parte, preparar a salsa co aceite, allo e pemento doce. Servir o peixe enriba das patacas, acompañado por chícharos cocidos á parte e salsa allada por riba.

Notes

Vantaxes:
O congro é un peixe semigraxo. O seu contido proteico non é moi elevado, pero as súas proteínas son dun alto valor biolóxico. Contén diferentes vitaminas e minerais. A vitamina que destaca na súa composición nutricional é a vitamina A, de feito, é o peixe máis rico neste nutriente a excepción das angulas e as anguías. Este prato tamén presenta pataca, cuxa principal compoñente despois da auga, é o amidón. Cabe destacar o seu baixo aporte de proteínas e graxas. Ademais é unha importante fonte de minerais como potasio, magnesio e fósforo, e vitaminas do grupo B (tiamina, niacina) e C. Estas substancias son beneficiosas para o organismo, xa que melloran as doenzas relacionadas cos riles ou cistite. Tamén é aconsellable o seu consumo pola a súa acción diurética e depuradora.