Únete a nós

Se estás a buscar unha nova oportunidade laboral e es unha persoa apaixonada polo mundo da alimentación, esta é a túa ocasión de incorporarte a un contorno de traballo dinámico e en constante crecemento. Buscamos de forma habitual persoas para as seccións de carnicería, peixería, froitería, charcutería, labores de caixa e reposición.

Queremos ser un bo lugar para traballar, no que as persoas se sintan inspiradas cada día para dar o mellor de si mesmas.

Queres formar parte do noso equipo?

Accede á nosa sección de emprego de Grupo Cuevas, elixe en que área che gustaría desenvolverte profesionalmente e envíanos o teu currículo para formar parte dos nosos procesos de selección.