Aquié e a súa filosofía

Traballamos en algo tan esencial como a alimentación

Todos merecemos un supermercado diferente, pensado para que facer a compra poida ser unha experiencia agradable, interesante, saudable e sorprendente, sen que teñas que pagar máis por iso. Cada día, todos os días. Aquí o tes. Creámolo para ti. Gózao!

Sentímonos privilexiados de poder traballar para ti e a túa familia en algo tan esencial como a alimentación e o que se consome na casa. Porque queremos seguir rompendo a rutina á hora de facer a compra e ser firmes no noso compromiso de facerche a vida máis fácil, decidimos asumir estes 10 compromisos contigo:

foto-aquie

COMPROMISO COA ALIMENTACIÓN VARIADA E EQUILIBRADA

Queremos que o teu menú diario sexa san, saboroso e económico e por iso apostamos polos pratos baseados na Dieta Atlántico Galega. Poñemos á túa disposición na nosa web unha ampla selección de receitas elaboradas por un equipo de nutricionistas da Universidade de Vigo para que cada día teñas a alimentación máis saudable.

COMPROMISO CO PRODUTO MÁIS FRESCO

Comer alimentos frescos e de tempada é unha das claves para manter unha boa saúde. Seleccionamos diariamente para ti o peixe máis fresco que vén directo das lonxas galegas e escollemos os mellores produtos da terra para que o teu corpo estea san e o teu padal goce dos sabores máis auténticos.

COMPROMISO COA TÚA FIDELIDADE

Porque sabemos que se nos visitas é porque confías nos nosos produtos e no servizo, poñemos á túa disposición a tarxeta cliente coa que poderás gozar de descontos, promocións e moitas máis vantaxes pensadas para ti.

caducidad

COMPROMISO COAS DATAS DE CADUCIDADE

Se atopas nos nosos supermercados un produto caducado, regalámosche dous iguais coa data correcta.

etiquetado

COMPROMISO COS PREZOS EXACTOS

Se o prezo marcado no estante e o do billete de caixa non son iguais por erro, regalámosche o produto.

galicia

COMPROMISO COS PRODUTOS GALEGOS

Sempre que exista un produto galego en igual calidade e prezo ca outro, potenciaremos o produto da nosa terra. A sustentabilidade ambiental tamén sairá gañando polo menor transporte.

transparencia

COMPROMISO DE TRANSPARENCIA

Para que só pagues o xusto, garantímosche que as nosas básculas están destaradas, para que non pagues o papel a prezo de marisco.

satisfaccion

COMPROMISO DE TOTAL SATISFACCIÓN

Se algo que compraches non te satisfai, cambiámosche o devandito produto por outro similar ou devolvémosche o diñeiro. Sen necesidade de máis explicacións.

sostenibilidad

COMPROMISO DE SUSTENTABILIDADE

Mantemos un comportamento socialmente responsable nas nosas tendas no referente ao aforro enerxético lumínico, a reciclaxe de elementos asociados á nosa actividade e tamén nas embalaxes.

comodidad

COMPROMISO COA TÚA COMODIDADE

Ofrecémosche a repartición a domicilio gratuíta e un servizo de recollida en tenda. Consulta centros e condicións.