Vantaxes:
Esta sobremesa contén iogur. A inxestión de iogur presenta numerosas vantaxes, por isto debe ser incluído na nosa dieta diaria. Os principais beneficios derivados do consumo do iogur son que prevén trastornos intestinais, principalmente diarreas, e prevén a entrada de microorganismos patóxenos no intestino. Estes beneficios son debidos á presenza de certos microorganismos que favorecen o crecemento de flora beneficiosa e así diminúen o crecemento de flora microbiana alterante. Presenta, tamén, un efecto inmunomodulador, é dicir, favorece a estimulación do sistema inmune. Ademais, é un produto facilmente dixerible, polo que está indicado en dietas convalecentes. Debido á súa riqueza en ácido láctico, permite a secreción de encimas e mollos gastrointestinais, favorecendo a dixestión.