Print

Mousse lixeira de queixo

Course Sobremesa

Ingredients

  • 40 g queixo cremoso
  • 3 g xelatina neutra
  • 60 g iogur natural desnatado
  • 30 g clara de ovo
  • 10 g azucre

Instructions

  • Mesturar en frío queixo co iogur. Á parte quentar ó baño maría a clara coa xelatina en po. Engadir o azucre para disolvelo. Bater a punto de neve fóra da calor. Mesturar suavemente co iogur e queixo. Decorar con froitos vermellos ou marmelada de fresa.

Notes

Vantaxes:
Esta sobremesa contén iogur. A inxestión de iogur presenta numerosas vantaxes, por isto debe ser incluído na nosa dieta diaria. Os principais beneficios derivados do consumo do iogur son que prevén trastornos intestinais, principalmente diarreas, e prevén a entrada de microorganismos patóxenos no intestino. Estes beneficios son debidos á presenza de certos microorganismos que favorecen o crecemento de flora beneficiosa e así diminúen o crecemento de flora microbiana alterante. Presenta, tamén, un efecto inmunomodulador, é dicir, favorece a estimulación do sistema inmune. Ademais, é un produto facilmente dixerible, polo que está indicado en dietas convalecentes. Debido á súa riqueza en ácido láctico, permite a secreción de encimas e mollos gastrointestinais, favorecendo a dixestión.