Colocar o lombo ou cinta de lombo nunha placa de forno e acompañar dunha bresa de hortalizas (ceboria, cebola, porro e anacos de laranxa). Introducir no forno e asar ata que estea tenro dando a volta á metade de cocción e engadindo viño branco. Retirar do forno e coar a salsa por un chinés engadindo caldo de carne. Ferver e engadir un chorriño de licor e espesar con maicena se fose necesario. Acompañar con puré de pataca e cubrir coa salsa.