Limpar o solombo e cortar os medallóns. Facer a compota refogando lentamente a cebola en aceite. Cando estea pochada engadir un pouco de azucre e auga triturando por robot. Asar a mazá en cuartos ao forno sen corazon. Facer un arroz branco ao forno coas pasas mesturadas. Marcar a carne na prancha e colocar sobre a compota. Acompañar do arroz branco con pasas e a mazá asada.