Vantaxes:
A brótola ou bertorella, nome polo que se coñece comercialmente a esta especie, é un peixe branco, aínda que dependendo da época e do seu tamaño tamén se lle pode considerar peixe semigraxo. Os peixes brancos son baixos en graxas; ricos en proteínas de alto valor biolóxico e posúen diferentes vitaminas e minerais. Destacan polo seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). En relación aos minerais, os peixes brancos posúen potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.