Print

Bertorella en salsa de piperada

Course Segundo prato

Ingredients

  • 150 g bertorella
  • 1/2 vaso (100mL) caldo pescado
  • 1 (100g) pataca
  • 30 g cebola
  • 30 g pemento amarelo
  • 30 g pemento vermello
  • 30 g pemento verde
  • 25 g salsa tomate
  • 5 g fariña
  • 1 dente (5g) allo
  • 1 cullerada sopeira (10mL) aceite oliva
  • sal ao gusto

Instructions

  • Preparar unha salsa refogando en aceite o allo, cebola e pementos, cortado todo en dados, engadir fariña. A continuación agregar a salsa de tomate e o caldo de peixe quente, cubrir con perexil picado deixando cocer uns minutos. A bertorella márcase na prancha e coloca nunha fonte de forno, cubrir con salsa e introducir ao horno 10 min. aproximadamente a 180ºC. Acompañar dunhas patacas cocidas.

Notes

Vantaxes:
A brótola ou bertorella, nome polo que se coñece comercialmente a esta especie, é un peixe branco, aínda que dependendo da época e do seu tamaño tamén se lle pode considerar peixe semigraxo. Os peixes brancos son baixos en graxas; ricos en proteínas de alto valor biolóxico e posúen diferentes vitaminas e minerais. Destacan polo seu contido en vitaminas do grupo B (B1, B2, B3, B9, B12). En relación aos minerais, os peixes brancos posúen potasio, fósforo e magnesio, aínda que todos eles están presentes en cantidades medias se se comparan coas contidas na maior parte dos peixes.