Cortar en bastóns a cebola, o cabaciño e o pemento verde. Trocear en rebandas pequenas a cenoria e os dentes de allo. Refogar nunha cazola non moi alta as verduras cun pouco de aceite de oliva. Cando as verduras estean comezando a abrandarse engadir os champiñóns limpos e o lombo de porco troceado. Refogar o conxunto e cubrir ata a metade de auga, tapar a cazola e deixar que se cociñe a lume suave por espazo de 20 minutos. Poñer a punto de sal. Servir todo o conxunto en cuencos xa que adoita quedar lixeiramente caldoso.