A orixe da alcachofa sitúase en Exipto e, posteriormente, estendeuse pola zona mediterránea. Consumíase na antiga Grecia e en Roma, onde se consideraba deliciosa. Aínda moitos científicos discuten se a planta da alcachofa é a mesma planta que a do cardo. As alcachofas favorecen a dixestión, reducen os niveis de colesterol e, ademais, preveñen enfermidades hepáticas. Tamén son diuréticas e ricas en potasio, magnesio, ferro e calcio. Moi recomendada en casos de diabete, pois axuda a rebaixar os niveis de azucre en sangue.