Podemos atopar ameixas ao longo de todas as rías galegas. Este prato é típico da cociña tradicional galega, baixo en calorías e graxas, e rico en proteínas, tamén contén ferro e vitamina B12. As ameixas son un dos alimentos máis ricos en ferro e vitamina B12 polo que preveñen as anemias. Ademais, proporciona vitamina C que facilita a absorción do ferro e coida as articulacións. A súa riqueza en selenio antioxidante fai das ameixas un prato protector do envellecemento celular.