Print

Ameixas á mariñeira

Course Primeiro prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 5 g Aceite de oliva
  • 8 g Allo
  • 32.25 g Ameixa
  • 2 g Azafrán
  • 40 g Cebola
  • 20 g Fariña
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Pemento doce
  • 0.5 g Pemento picante
  • 0.5 g Sal
  • 70 g Viño branco

Instructions

  • Como pasa con outros moluscos, as ameixas hai que limpalas ben de areas deixándoas en abundante auga con sal durante varias horas. Pícase moi ben a cebola, o allo e o perexil e dóurase todo nunha pota cun chorro de aceite. Engádese o azafrán e o pemento. A continuación, régase cun vaso de viño e cunhas culleradas de fariña removendo ben para obter unha salsa un pouco espesa. Noutra cazola ábrense as ameixas ao vapor. Pásanse a unha bandexa e báñanse coa salsa acabada de facer.

Notes

Podemos atopar ameixas ao longo de todas as rías galegas. Este prato é típico da cociña tradicional galega, baixo en calorías e graxas, e rico en proteínas, tamén contén ferro e vitamina B12. As ameixas son un dos alimentos máis ricos en ferro e vitamina B12 polo que preveñen as anemias. Ademais, proporciona vitamina C que facilita a absorción do ferro e coida as articulacións. A súa riqueza en selenio antioxidante fai das ameixas un prato protector do envellecemento celular.