O bacallau é un peixe pobre en graxas. É un dos peixes brancos máis consumidos en Europa e dos máis coñecidos no mundo. O bacallau é un peixe de doada dixestión e baixo en calorías, axeitado para dietas hipocalóricas ou de adelgazamento. Contén ácidos graxos omega 3 polo que é adecuado para persoas con risco de padecer enfermidades cardiovasculares. É rico en calcio, o que axuda a evitar osteoporose e outras enfermidades óseas. Tamén contén fósforo, necesario para o bo funcionamento do cerebro e iodo para regular o funcionamento da glándula tiroide.