Print

Bacallau asado

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 140 g Bacallau fresco sen sal
  • 10 g Limón
  • 5 g Manteiga
  • 0.5 g Noz moscada
  • 15 g Pan relado
  • 90 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Pementa branca

Instructions

  • Colocamos o bacallau con aceite nunha bandexa, bótaselle a pementa, a noz moscada, o perexil e o pan relado. Énchese co zume de limón e úntase de manteiga. Lévase ao forno ata que estea asado.

Notes

O bacallau é un peixe pobre en graxas. É un dos peixes brancos máis consumidos en Europa e dos máis coñecidos no mundo. O bacallau é un peixe de doada dixestión e baixo en calorías, axeitado para dietas hipocalóricas ou de adelgazamento. Contén ácidos graxos omega 3 polo que é adecuado para persoas con risco de padecer enfermidades cardiovasculares. É rico en calcio, o que axuda a evitar osteoporose e outras enfermidades óseas. Tamén contén fósforo, necesario para o bo funcionamento do cerebro e iodo para regular o funcionamento da glándula tiroide.