As cabaciñas teñen poucas graxas polo que o seu contido en calorías é baixo. Conteñen fibra e potasio polo que se recomendan para persoas con hipertensión arterial. Son adecuados para dietas de adelgazamento e tamén son un bo remineralizante para o organismo. As gambas tamén conteñen poucas calorías pero a presenza de colesterol é elevada. Débense consumir con moderación por persoas que padecen gota polo seu contido en purinas. Os cogomelos son fonte de proteínas, e tamén proporciona fibra. Polo seu baixo contido en sodio e pódense consumir por persoas con hipertensión arterial.