As espinacas teñen un baixo contido en graxas e hidratos de carbono polo que conteñen poucas calorías. No entanto, son ricas en fibra que contribúe a reducir o nivel de colesterol e a regular o tránsito intestinal. Tamén teñen minerais como magnesio, potasio, sodio, fósforo e iodo. As pasas conteñen fibra, potasio, calcio, ferro e provitamina A. O seu contido en calorías é elevado. Os piñóns posúen unha gran cantidade de proteínas e graxas que contribúen de modo importante no valor de calorías. Os minerais que predominan son o ferro, o cinc e o fósforo.