O congro é un peixe de corpo cilíndrico que pode alcanzar os dous metros de lonxitude. Trátase dun depredador que se alimenta de crustáceos, luras e peixes. Está presente nas augas do Atlántico e do Mediterráneo. É un peixe semigraxo. Contén cantidades significativas de vitamina B2, necesaria para a integridade da pel, as mucosas e de forma especial para a córnea. Tamén destaca a vitamina A que aumenta a función inmunitaria e desempeña un papel importante no desenvolvemento dunha boa visión. Para a preparación deste prato con arroz aconséllase utilizar a cola do congro xa que a parte do ventre contén moitas espiñas.