Print

Congro con arroz

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 10 g Aceite de oliva
  • 1 g Allo
  • 50 g Arroz
  • 1 g Azafrán
  • 25 g Cebola
  • 168 g Congro
  • 1 g Perexil
  • 1 g Pemento doce
  • 1 g Pementa negra

Instructions

  • Adobamos o congro cortado en toros con perexil, pementa e allo. Posteriormente, introducímolo nunha cazola sobre unha base de cebola previamente estufada. Bañaremos con auga, azafrán e pemento para darlle, así, cor ao prato. Engadiremos o arroz unha vez que ferva a auga e coceremos ata que o arroz estea no seu punto óptimo.

Notes

O congro é un peixe de corpo cilíndrico que pode alcanzar os dous metros de lonxitude. Trátase dun depredador que se alimenta de crustáceos, luras e peixes. Está presente nas augas do Atlántico e do Mediterráneo. É un peixe semigraxo. Contén cantidades significativas de vitamina B2, necesaria para a integridade da pel, as mucosas e de forma especial para a córnea. Tamén destaca a vitamina A que aumenta a función inmunitaria e desempeña un papel importante no desenvolvemento dunha boa visión. Para a preparación deste prato con arroz aconséllase utilizar a cola do congro xa que a parte do ventre contén moitas espiñas.