Cocer a pasta en abundante auga con sal o tempo que indique o fabricante. Escorrer e refrescar. Cortar os tomates cherry pola metade ou en cuartos. Nunha cazola con aceite dourar os allos cortados en láminas moi finas. Cando estean dourados, engadir os tomates, os encurtidos troceados e escorridos do vinagre e a salsa de tomate. Poñer o conxunto a punto de sal. Quentar uns minutos. Mesturar coa pasta e servir.
Notes
Vantaxes: As principais características da pasta son o seu grande aporte en hidratos de carbono de absorción lenta (amidón) e en proteínas (glute), e o seu baixo contido en graxas. Ademais, ten a vantaxe de que é moi fácil de cociñar.