A robaliza é un peixe moi apreciado polo seu suave sabor e as súas escasas espiñas. Ten un contido en graxa baixo polo que se pode considerar un peixe magro. Constitúe unha fonte importante de minerais como o ferro (en menor contido que na carne), cinc e fósforo. En canto a vitaminas, destaca o contido en vitamina B3 ou niacina que participa no metabolismo dos hidratos de carbono, lípidos e proteínas. A pataca destaca polo seu alto contido en hidratos de carbono, minerais como o potasio e a auga. Os hidratos de carbono son de absorción moi lenta o que provoca maior sensación de saciedade no noso organismo e atribúe unha gran cantidade de enerxía.