Print

Robaliza con escamas douradas

Course Segundo prato
Servings 1 persona

Ingredients

  • 15 g Aceite de oliva
  • 5 g Allo
  • 180 g Robaliza
  • 1 g Manteiga
  • 100 g Pataca
  • 1 g Perexil
  • 0.5 g Pementa branca
  • 1 g Sal
  • 10 g Viño fino (Xerez, Manzanilla)

Instructions

  • Filetear a robaliza separando os lombos da cabeza, das espiñas e da cola. Preparar un caldo limpo de peixe cocendo as partes do peixe que separamos cun pouco de cebola, cunha folla de loureiro, cun pouco de viño fino e cun pouco de sal. Pasar o caldo de peixe por un coador. Fritir, parcialmente, a pataca en toros tras engadir á tixola uns allos para que tome sabor a pataca. Dispoñer nunha fonte de asar, untada en manteiga, os lombos de robaliza, lixeiramente salgados, coa pel cara á fonte. Despois, cubrilos completamente coas patacas case fritidas ordenadas coma se se tratase das escamas. Por último, engadir ao conxunto o caldo limpo de peixe e asar ata que as patacas estean ben douradas.

Notes

A robaliza é un peixe moi apreciado polo seu suave sabor e as súas escasas espiñas. Ten un contido en graxa baixo polo que se pode considerar un peixe magro. Constitúe unha fonte importante de minerais como o ferro (en menor contido que na carne), cinc e fósforo. En canto a vitaminas, destaca o contido en vitamina B3 ou niacina que participa no metabolismo dos hidratos de carbono, lípidos e proteínas. A pataca destaca polo seu alto contido en hidratos de carbono, minerais como o potasio e a auga. Os hidratos de carbono son de absorción moi lenta o que provoca maior sensación de saciedade no noso organismo e atribúe unha gran cantidade de enerxía.